exposicionesportfolio

As mans apresadas e a voz afogada. 2019

Esquecer ata esvaeceré un proxecto artístico que se presenta na Rede Museística de Lugo. É a continuación de “Faltarme el suelo”, un proxecto que pretende poñer en contacto, a través das obras expostas, os traumas familiares non elaborados e xerados pola Guerra Civil Española.

A obra que se mostra no Museo do Mar de San Cribrao é unha peza que quere ter en consideración o lugar onde se expón. O edificio foi a escola unitaria e ten aínda como me-moria dese pasado un antigo pupitre na súa entrada, así como dúas fotografías que nos amosan como era a educa-ción que se impartiu durante moitos anos nas escolas da época. A propia construción mostra a segregación que se producía na educación, os nenos e as nenas tiñan entradas, clases e patios separados.

As mans apresadas e a voz afogada quere facer un peque-no recordatorio da depuración que se produciu tras a guerra no maxisterio español, e o posterior uso da educación como a grande aleccionadora dos valores do franquismo. Os/as mestres/as foron represaliados e no mellor dos casos foron restituídos no exercicio tras pasar por comisións depu-radoras e adoptar os novos valores do nacional-catolicismo. A peza, dunha maneira abstraída, representa un corpo cons-truído con feltro, cuxos extremos están inseridos en formi-gón.

En contexto coas demais obras presentadas na Rede Museística, esta obra interprétase como uns apéndices, isto é, unhas mans pesadas que impiden o movemento. Ter as mans apresadas e a voz afogada significa, en definitiva, es-tar coas mans atadas e ter o pensamento anulado.

CLICA PARA VER Hoja de sala Museo del mar